O Iescha abre no auditorio unha mostra de Xulio Pardo de Neyra

TerraChaXa
Trátase dunha colección de postais conformadas a xeito de colaxe con poemas e fotos antigas
presentacion-expoisicion-pardo-de-neyra-iescha
19 Nov 2024

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza o acto de inauguración da Exposición e da presentación do Álbum dos Cromos[onos], de Xulio Pardo de Neyra: Unha colección de postais conformadas a xeito de colaxe con poemas e fotos antigas.

Intervirán no acto tamén Marica Campo e Luz Airado e será presentado por Marisa Barreiro.

Este acto terá lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba o venres 22 de novembro de 2024, ás 20:00 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 8 de xaneiro de 2025.

XULIO PARDO DE NEYRA

Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Filoloxía Galega e doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València.

Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica. Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17751002311707