O Iescha continúa co ciclo Mestre Mateo coa proxección de 'A viaxe de Lucy'

TerraChaXa
Esta cuarta proxección terá lugar no auditorio municipal de Vilalba este domingo, ás 20:00 horas
a-viaxe-de-lucy
19 Out 2024

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental A viaxe de Lucy, de Ruth Chao, continuando así co Ciclo Mestre Mateo que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindará a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

Esta cuarta proxección terá lugar no auditorio municipal de Vilalba este domingo 20 de outubro, ás 20:00 horas.

SINOPSE

Un achegamento sen precedentes á trastenda dunha apaixonante misión espacial da NASA a través dos ollos de Hal, Cathy, Donya e Matt, catro brillantes mentes que axudarán a derribar os clichés de científicos a través da súa intimidade, e cun toque de humor, así como inspirar ás novas xeracións a perseguir calquera soño por tolo que sexa, xa que, quen sabe se poderían acabar converténdose nos líderes dunha importante misión da NASA coma eles.

values22 18: Array
(
    [user_id] => 0
    [session_id] => 
    [ip] => 3.239.97.34
    [status] => 200
    [site_id] => 3
    [lang] => en
    [lang_code] => en_US
    [browser] => desconocido
    [device] => desktop
    [bot] => 
    [operating_system] => desconocido
    [url_anterior] => 
    [url] => https://terrachaxa.com/news/o-iescha-continua-co-ciclo-mestre-mateo-coa-proxeccion-de-a-viaxe-de-lucy/82931/
    [cp_id_anterior] => 
    [cp_id] => 82931
    [date_gmt] => 2024-11-05 13:06:04
    [load_time] => 0.17837691307068
    [views] => 1
)
0.18983101844788