O Iescha continúa o ciclo Mestre Mateo coa primeira sesión de curtas

TerraChaXa
Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 24 de novembro, ás 20:00 horas
sesion-curtas-vilalba
20 Nov 2024

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a primeira sesión de curtas coa proxección de cinco pezas, continuando así co Ciclo Mestre Mateo, que durante o último trimestre do presente ano 2024 brinda a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

Trátase das curtametraxes Antes de que se poña o sol, O coidado, To bird or not to bird, O Neno Sardiña e Ulises.

Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 24 de novembro, ás 20:00 horas.

A entrada será de balde.

0.16653108596802