O Iescha inicia as proxeccións de cine dos Premios Mestre Mateo con 'Salta!'

TerraChaXa
A película de Olga Osorio poderá verse este venres no auditorio
salta-pelicula-olga-osorio-mestre-mateo
3 Oct 2024

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película Salta!, de Olga Osorio, dando inicio así ao Ciclo Mestre Mateo, que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindará a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 4 de outubro de 2024, ás 20:00 horas. Dada a temática da película, considerámola como especial para as familias.

SINOPSE

Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio. Xullo de 1989. Teo é futboleiro e un pouco fervellasverzas, Óscar un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un lidia á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme.

0.18184804916382