O Iescha lembra a Bernardo García Cendán no seu cabodano
O pasado 28 de decembro, estaba previsto o acto de homenaxe a Bernardo García Cendán organizado polo Iescha no seu XII cabodano. Porén, debido a circunstancias imprevistas, non foi posible levar a cabo o evento tal e como estaba programado.
A pesar destas circunstancias, o Iescha non quixo deixar pasar a ocasión para lembrar a figura de Bernardo. Por iso, Marisa Barreiro, presidenta da institución, depositou un ramo de rosas na lousa conmemorativa situada na Praza da Igrexa de Vilalba, un símbolo do recoñecemento e afecto que perdura cara a Bernardo.
O acto quixo destacar o legado de García Cendán como un exemplo de compromiso coa lingua galega, a cultura e o patrimonio. "A súa figura continúa a ser unha fonte de inspiración para toda a comunidade", dixo.
A organización anunciou que informará dunha nova data para celebrar o acto de homenaxe tal e como merece, nun encontro que permitirá reunir á cidadanía para lembralo colectivamente.
"Bernardo García Cendán, sempre presente na nosa memoria e no noso corazón", conclúe.