O Iescha ofrece unha charla sobre os intereses cinéfilos de Agustín Fernández Paz

TerraChaXa

O Instituto de Estudos Chairegos organiza a charla Os filmes de Agustín, impartida por Martin Pawley, crítico, programador, produtor de cine e divulgador científico, sobre a paixón polo cinema de Agustín Fernández Paz.

os filmes de agustin charla vilalba portada
os filmes de agustin charla vilalba portada
20 abr 2024

O Instituto de Estudos Chairegos organiza a charla Os filmes de Agustín, impartida por Martin Pawley, crítico, programador, produtor de cine e divulgador científico, sobre a paixón polo cinema de Agustín Fernández Paz.

O acto terá lugar o martes 23 de abril de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa
Barreiro, presidenta do Iescha, con entrada libre ata completar aforo.

O amor polo cinema de Agustín Fernández Paz foi unha característica esencial da súa vida e da súa obra literaria, onde esa paixón se expresou de forma explícita en libros coma Amor dos quince anos, Marilyn e Fantasmas de luz.

Martin Pawley, crítico de cinema e amigo persoal do autor vilalbés, fará nesta charla un percorrido pola formación cinéfila de Agustín Fernández Paz e repasará algúns dos seus filmes preferidos.

Martin Pawley (A Coruña, 1974) é crítico de cine, programador e produtor. Xunto con Marcos Pérez, dirixiu o documental IIusiones visuales (2006) e a curta experimental Fogos (2017). Está moi orgulloso dos obradoiros de cine que cada semana imparte na Coruña no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora. A divulgación científica no ámbito da astronomía é outra das actividades coas que pasa o tempo. Colaborou co Iescha en varias actividades.