O Iescha organiza dous actos que teñen como temática común o PXOM de Vilalba
O Instituto de Estudos Chairegos ou Iescha, segue coa súa programación anual e nesta ocasión organiza para os días 22 e 29 de outubro de 2021 senllos actos que teñen como temática común o PXOM e será baixo o título común de Que sabemos do PXOM?.
Así, o venres 22 de outubro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar unha conferencia a cargo de Fátima López Souto, que leva por título O Planeamento. Ferramenta para facer cidade. Este acto estará presentado por Marisa Barreiro.
Xa o venres 29 de outubro ás 20.30 horas e tamén na Casa da Cultura de Vilalba, levarase a cabo un debate entre representantes de catro partidos políticos vilalbeses: o BNG, o PP, o PSOE e Vilalba Aberta. O debate estará moderado por Baruk Domínguez.
Estas actividades enmárcanse na denominación xenérica de Debates necesarios, e dan comezo a un ciclo co que o Iescha pretende ofrecer a maior información posible sobre asuntos de interese.
A entrada e libre ata cubrir o aforo estipulado, téndose en conta sempre as medidas sanitarias estipuladas en cada momento.