O Iescha organiza unha visita guiada á mostra 'A Malla de Pascual' das Aguias, en Muras
TerraChaXa
Será este venres, 18 de outubro ás 12.00 horas
16 Out 2024
Este venres 18 de outubro o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) ten previsto visitar, no lugar das Aguias, en Muras, a exposición A Malla de Pascual. 1957, de Antón Beiras, comisariada por Miguel Piñeiro e Carme Varela.
A chegada ás Aguias está prevista para as 12:00. A continuación farase un percorrido pola exposición, a casa do mesón, a aira, o rairo da auga cos píos e o lavadoiro, acompañados por Carme Varela.
Nesta ocasión, non hai prazo de inscrición. Todas as persoas que desexen participar na visita acudirán polos seus medios ao punto de inicio, lugar das Aguias, ás 12:00 horas.
A visita está previsto que remate ás 14:00.