O Iescha proxecta este domingo 'As liñas discontinuas' dentro do Ciclo Mestre Mateo

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe As liñas discontinuas, de Anxos Fazáns, continuando deste xeito co Ciclo Mestre Mateo 2026 que durante os estes meses brinda a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV Premios Mestres Mateo.
Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 27 de setembro de 2026, ás 20:00h. A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es.
Bea é unha muller de 50 anos en proceso de divorcio e Denís un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral, un suceso inesperado lévaos a coñecerse e este encontro transformará para sempre a súa realidade.