O Iescha proxecta o documental 'As silenciadas' este xoves

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos programados para o primeiro trimestre do ano, organiza o xoves 7 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a proxección do documental As silenciadas, realizado por Pablo Ces, con guión do propio, e de Aurora Marco, que levou a cabo un importante traballo de investigación sobre o tema, e que estará presente no acto para facer a introdución ao documental así como participar na charla-coloquio posterior á súa proxección.
CARTAZ AS SILENCIADAS portada
3 Mar 2024

A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

As silenciadas, estreado no ano 2010, é un documental histórico que recupera historias de vida, contextualizadas, de numerosas mulleres que estiveron na clandestinidade ou apoiaron desde o chairo o movemento guerrilleiro, e que pola súa defensa foron duramente represaliadas, ben coa morte, ou ben co cárcere, a tortura, o desterro ou o exilio. A necesidade de poñer en valor e de coñecer o papel destas mulleres durante a posguerra é chave, xa que foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia antifranquista.

O documental, cun amplo traballo de investigación da guionista Aurora Marco, foi galardoado con varios premios dende a súa estrea. “As silenciadas” recibiu o Premio Mestre Mateo 2012 ao mellor Documental, o Premio Memoria i Justicia Universal 2011 no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet, e o Premio Popular Runner Up no Festival internacional en liña Humanity Explored 2013.

0.15086603164673