O Iescha recupera as excursións cunha visita a Sargadelos

TerraChaXa
Despois do parón motivado pola pandemia, o Iescha retoma a organización das rutas cunha visita á Fábrica de Sargadelos.
visita cultura a sargadelos portada
visita cultura a sargadelos portada
7 sep 2022

Despois do parón motivado pola pandemia, o Iescha retoma a organización das rutas, programando para o domingo 18 de setembro de 2022 a VII Ruta Cultural á Fábrica de Sargadelos, para a que contarán coa presenza dunha guía.

A saída de Vilalba, dende a casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas. Unha vez en Sargadelos, dará comezo a visita á fábrica durante toda a mañá. O novo Museo de Sargadelos recorre a historia da fábrica de cerámica nas súas cinco etapas, a evolución dos deseños e a contribución á posta en valor da cultura de Galicia. Tamén expón obras de grandes artistas como Luís Seoane ou Díaz Pardo e mostras de olaría tradicional galega.

No antigo edificio que no seu día albergou o Seminario Sargadelos, conta con sete salas expositivas, o renovado auditorio, o túnel de obras dos estudantes das experiencias de verán desde 1971... No futuro prevense novas salas e recuperar a casa que Isaac Díaz Pardo, o gran impulsor da quinta etapa de Sargadelos, habitou na época na que foi veciño de Cervo.

Rematada a visita, realizarán unha pequeña ruta a pé, polo camiño real, ata Cervo. Dende Cervo, xa en autobús, trasladaranse a Morás, onde terá lugar o xantar no restaurante A Cancela.

Unha vez rematado o xantar, haberá tempo para visitar naquela zona o cemiterio dos dolos e Os cantís de Papel, entre
outras. Posteriormente, regresarán a Vilalba.
A cuota que haberá que pagar será de 20 euros por adulto (os menores acompañados, 5 €¡euros) que inclúe a comida, o autobús e a visita guiada.

Os/as interesados/as poden apuntarse ata o mércores 14 de setembro ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ou ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva. (Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).

visita cultura a sargadelos