Convocado para este sábado o Memorial Irmáns da Lexía
O II Memorial Irmáns da Lexía, terá lugar este sábado 17 de agosto, coincidindo tamén co Día da Galicia Mártir. No monumento aos Irmáns da Lexía e ao pé da fosa cómún en Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz, terá lugar o acto memorial e ofrenda floral aos Irmáns da Lexía e demais vítimas.
As diversas actividades do Memorial deste ano levaranse a cabo en diferentes puntos das localidades de Guitiriz e Parga; lugares que percorreron os irmáns nas súas últimas xornadas de liberdade.
Comezará a celebración ás 13:00 coa presentación do acto polas asociacións convocantes e a ofrenda floral no monumento aos Irmans da Lexía; acto seguido será a sesión vermú e ás 15:00 horas será a quenda do xantar popular.
Xa ás 18:00 dará comezo o II Trofeo Bebel, partido de fútbol que xogará un equipo local e outro da comarca da Coruña no Campo Suso Cruz de Guitiriz.
Ás 21:00, dará comezo o espectáculo musical que estará a cargo dos grupo Nao, Sondarúa e Nuada.
Toda esta actividade cultural será no Campo da Festa de Santa Mariña.