O Lago das Pontes logra por quinto ano a Bandeira Azul

A praia do lago das Pontes logra, por quinto ano consecutivo a Bandeira Azul, un distintivo que concede cada ano a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) e que recoñece, novamente, a calidade ambiental do areal pontés.
Para revalidar a bandeira azul o Concello das Pontes tivo que enviar no mes de novembro unha memoria das activades levas a cabo durante o ano, tanto no ámbito ambiental como no educativo, no da accesibilidade e no da seguridade así como unha proposta de candidatura para o ano 2025, no que se incluían accións de mellora nas infraestruturas e nos servizos.
Este ano, Galicia terá un total de 108 praias en 35 municipios con este distintivo. Deste xeito, a comunidade concentra case unha de cada seis bandeiras concedidas en España (642) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 143) e Andalucía (138).
En total e sumando praias, portos, centros de visitantes e sendeiros distinguidos por Adeac, Galicia atesoura 191 galardóns, balance que a sitúa como a terceira comunidade que concentra máis recoñecementos, por detrás de Valencia (213) e Andalucía (196).