O lago das Pontes recibe por terceiro ano consecutivo a bandeira azul

TerraChaXa
A bandeira azul lucirá este verán, por terceira vez, no lago das Pontes. Un distintivo que recoñece a calidade ambiental do areal pontés.
Bandeira Azul lago as pontes
Bandeira Azul lago as pontes
5 may 2023

A bandeira azul lucirá este verán, por terceira vez, no lago das Pontes. Un distintivo que concede a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) e que recoñece a calidade ambiental do areal pontés.

Para revalidar a bandeira azul o Concello das Pontes tivo que enviar no mes de novembro de 2022 unha memoria das activades levadas a cabo durante o ano, tanto no ámbito ambiental como no educativo, no da accesibilidade e no da seguridade así como unha proposta de candidatura para o ano 2023, no que se incluían accións de mellora nas infraestruturas e nos servizos así como a posta en valor da biodiversidade do espazo.

Bandeira Azul créase, en 1985, por parte da rama francesa da FEE como un galardón nacional para portos deportivos e embarcacións, para distinguir a distancia a quen ama e protexen o medio mariño. A marca foise estendendo a múltiples países co fin de premiar os puntos que cumpren cuns criterios óptimos de seguridade, accesibilidade, información e educación ambiental ou calidade da auga. Así mesmo, busca estimular o cumprimento da Directiva de Calidade de Augas de Baño comunitaria.