O Liceo das Pontes celebrará o Día das Letras Galegas cun festival musical e unha charla sobre as lendas pontesas

TerraChaXa
O evento contará coa participación da Rondalla Agrupación Artística Nas Ondas do Mar e da Rondalla Vila de As Pontes
dia-das-letras-galegas-liceo-as-pontes
16 May 2026

O Liceo Recreativo e Artístico celebrará este domingo, 17 de maio, ás 19.00 horas, un festival con motivo do Día das Letras Galegas nas súas instalacións das As Pontes.

O evento contará coa participación da Rondalla Agrupación Artística Nas Ondas do Mar e da Rondalla Vila de As Pontes, que ofrecerán distintas actuacións musicais dentro dunha programación dedicada á cultura galega e ás tradicións populares.

Ademais da música, a xornada incluirá unha charla de José López Ferro centrada nas lendas pontesas, unha temática vinculada á historia e á tradición oral do municipio.

A entrada ao festival será de balde ata completar aforo. A actividade está organizada polo Liceo Recreativo e Artístico e conta coa colaboración do Concello das Pontes e o patrocinio da Deputación da Coruña.

0.11473393440247