O luns abre o prazo para solicitar as inscricións nos campamentos urbanos de verán

LugoXa | TerraChaXa
Mocidade en Acción oferta tamén unha iniciativa na que está previsto ir o día 25 de xuño ao parque Aquapark de Cerceda e o día 7 de xullo a Viveiro
campamentos-urbanos-outeiro-de-rei
3 May 2026

O Concello de Outeiro de Rei vai abrir o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos, que se realizaran do 29 de xuño ao 3 de xullo, dirixidos a nenos e nenas de 4 a 7 anos, e do 6 ao 10 de xullo, para os nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Nos campamentos realizaranse actividades como obradoiros, xincanas, xogos de equipo, viaxe ao parque acuático de Cerceda, etc.

Teñen un custe de 30 euros o primeiro e de 40 euros o segundo, cotas que deberán aboarse sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Para os rapaces/as de 1º a 4º da ESO e de 1º de BAC o Concello oferta a iniciativa Mocidade en Acción, iniciativa na que está previsto ir o día 25 de xuño ao parque Aquapark de Cerceda e o día 7 de xullo a Viveiro.

Esta actividade oferta un total de 25 prazas e ten unha cota de 15  euros.

As cotas establecidas incrementaranse 10 euros no caso de participantes non empadroados en Outeiro de Rei.

Ao ser limitado o número de prazas (30 por campamento e 25 no caso de Mocidade en Acción) estas cubriranse por rigorosa orde de solicitude tendo preferencia oss empadroados no concello e o alumnado do CEIP Laverde Ruíz con respecto ás solicitudes de fóra.

O prazo para anotarse permanecerá aberto do 4 ao 29 de maio ou ata cubrir prazas.

Pódense reservar as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.

0.12147498130798