O Mago Teto actúa este xoves en Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
Dentro das actividades de animación á lectura, o concello de Riotorto contará este xoves cunha nova actuación, a do Mago Teto, que ofrecerá o seu espectáculo A Maxia dos Contos.
mago teto monforte portada
mago teto monforte portada
25 oct 2023

Dentro das actividades de animación á lectura, o concello de Riotorto contará este xoves cunha nova actuación, a do Mago Teto, que ofrecerá o seu espectáculo A Maxia dos Contos.

A actuación terá lugar este xoves 28, a partir das 18.30 horas no salón de actos da casa da cultura local.

O mago Teto saca do seu sombreiro un show no que se mistura a narrativa de contos e xogos de maxia. A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas. E por arte de maxia cada conto vai acompañado dun xogo relacionado coa historia.

actuacion mago teto riotorto