O martes abre o prazo de matrícula na Escola da Barosa das Pontes

O Concello das Pontes informa de que este martes abre o prazo para a formalización da matrícula para o curso 2025-2026 na Escola Infantil Municipal de A Barosa. O prazo remata o día 30 de xuño
Os pais e nais dos alumnos e alumnas de novo ingreso deberán achegarse ata as instalacións escolares, en horario de luns a venres, entre as 10.30 e as 13.00, parar recoller toda a documentación necesaria para formalizar a matrícula.
No caso do alumnado con reserva de praza, faráselles entrega da documentación no centro, no seu horario habitual.