O mercado das Pontes acolle unhas xornadas de exaltación sobre produtos da ría de Ferrol

TerraChaXa
Será este sábado, desde ás 11:00 ás 13:00 horas, e haberá unha degustación
xornadas-exaltacion-produtos-ria-ferrol
22 Nov 2024

O Mercado Municipal das Pontes acollerá este sábado, desde ás 11:00 ás 13:00 horas unha degustación de produtos da ría e da confraría de Ferrol.

Esta actividade organizada pola Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, co apoio da Deputación da Coruña, ten como obxectivo dar a coñecer os produtos da Ría de Ferrol. As persoas que participen nesta actividade poderán degustar diferentes preparacións culinarias a base de ameixas e navallas, comprobando a súa calidade, versatilidade culinaria, así como os beneficios que o seu consumo para a saúde.

A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol é unha corporación, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro, cunha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.

Na actualidade, agrupa embarcacións e profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas das rías galegas e caladoiro cantábrico e noroeste, con artes e métodos artesanais para a extracción de peixes e mariscos.

0.16269516944885