O mércores farase o primeiro sorteo da campaña Merca nas Pontes

TerraChaXa
Cohempo anima o consumo do Nadal cunha nova iniciativa na que se reparten oito premios por un total de 3.100 euros.
merca nas pontes portada
merca nas pontes portada
20 Dec 2021

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes (Cohempo) anima o consumo do Nadal cunha nova iniciativa na que se reparten oito premios por un total de 3.100 euros.

Segundo as bases desta campaña, quen compre en calquera dos 41 comercios de distintos sectores que participan nesta iniciativa, entre o 15 de decembro e o 5 de xaneiro, recibirán vales para os sorteos previstos para o día 22 (tres de 300 euros cada un), o 29 (tres de 300 euros) e o 12 de xaneiro (un de 300 e un de 1.000).

Os premios consisten en vales para gastar no comercio local e os gañadores terán de prazo ata o 31 de xaneiro para realizar as súas compras nos negocios adheridos, que contemplan diversos sectores, como téxtil, calzado, óptica, xoieríaa librería, farmacia, xoiería, confeitería, xoguetería, salón de peiteado ou electricidade.

merca nas pontes
0.18576383590698