O MUPAV fará o sábado unha homenaxe ao seu fundador

TerraChaXa
O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba realizarán este sábado, 14 de decembro, a prometida homenaxe a José Ramil Soneiro, médico e arqueólogo galego que fundou e dirixiu o Mupav.
73116468_2454555521454504_2103799037416177664_n
11 Dec 2019

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba realizarán este sábado, 14 de decembro, a prometida homenaxe a José Ramil Soneiro, médico e arqueólogo galego que fundou e dirixiu o Mupav.

Esta celebración, que terá lugar o 14 de decembro, desenvolverase entre as 18.00 e as 21.00 durante un acto que se pretende lembrar o traballo e a vida deste erudito vilalbés no centenario do seu nacemento, que morreu no 2014. A homenaxe consistirá nunha semblanza coa participación de diferentes personalidades como Felipe Arias, profesor e investigador da USC; Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo; José María Bello, ex director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña; Alfonso Blanco Torrado, coordinador de Xermolos; Carlos Fernández, profesor de prehistoria de León, e Ana Neira Campos, directora do departamento de Historia da Universidade de León.

O doutor Ramil exerceu a medicina en Vilalba, vinculado durante anos ao Servizo de Radioloxía da Seguridade Social en Lugo, pero destaca máis polo seu labor arqueolóxico.

As prospeccións levadas a cabo por José Ramil Soneira nos municipios de Vilalba, Xermade e Muras representaron unha absoluta novidade no panorama da prehistoria do noroeste da península Ibérica, abrindo o camiño ao coñecemento do poboamento de Galicia no plistoceno, rompendo coas vellas concepcións historiográficas grazas á súa investigación arqueolóxica sistemática aplicada á busca e estudo de depósitos ao aire libre. Este meritorio labor foi recoñecido en 1971 coa concesión, pola Real Academia Galega, do premio Federico Maciñeira. En adiante, compartiu os seus traballos cos profesores Carlos Alonso del Real e José Manuel Vázquez Varela.

0.1425461769104