O Museo do Castro de Viladonga abre unha semana dedicada a escolares

TerraChaXa
O Museo do Castro de Viladonga inicia este luns 13 a semana cultural dirixida a escolares con Paula Carballeira Cabana.
contacontos museo viladonga portada
contacontos museo viladonga portada
12 Dec 2021

O Museo do Castro de Viladonga inicia este luns 13 a semana cultural dirixida a escolares.

Así, durante toda a semana estará presente no centro Paula Carballeira Cabana, escritora, narradora oral e actriz galega que levará os contacontos a un grao maior de formación. Ofrecerá sesións os días 15 e 16 ás 10.30, 11.30 , 12.00 e 13.00 horas dirixidas principalmente a pequenos de educación infantil. 

Con esta actividade, o alumnado desfrutará tamén dunha visita ao castro onde de seguro poderá imaxinar mais dunha aventura.

Os interesados en anotarse poden facelo no teléfono 982 870 160.

contacontos museo de viladonga
0.18666911125183