O Museo do Castro de Viladonga organiza un obradoiro de cestería con tear o 7 de novembro

LugoXa | TerraChaXa
A actividade desenvolverase entre as 10.00 e as 15.00 horas e estará impartida por Alba F. Castro
cestaria-con-tear
1 Nov 2026

O Museo do Castro de Viladonga celebrará o vindeiro sábado 7 de novembro un obradoiro de cestería con tear, unha proposta que busca explorar a relación entre as técnicas tradicionais de tecido e a elaboración de pezas de cestería.

A iniciativa parte da presenza, entre os fondos do museo, de varias pezas vencelladas ao traballo con teares. Segundo explica o centro, estas pezas adoitan identificarse co labor do tecido, aínda que tamén cabe preguntarse se esta técnica podería aplicarse á cestería.

O obradoiro terá lugar nas instalacións do Museo do Castro de Viladonga, entre as 10.00 e as 15.00 horas, e estará impartido por Alba F. Castro. A actividade conta cun máximo de 12 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

As persoas interesadas en participar poden reservar a súa praza chamando ao teléfono 982 870 160.

0.15517687797546