O Museo Etnográfico Monte Caxado acolle unha exposición de instrumentos tradicionais de madeira

TerraChaXa | FerrolXa
A exposición abrirá os martes, mércores, xoves e venres, en horario de 18.00 a 19.30 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos poderá visitarse de 11.30 a 13.00 horas
mostra-instrumentos-musicais-as-pontes
10 Nov 2026

A Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado, nas Pontes, inaugurará hoxe, 10 de novembro, unha exposición de instrumentos tradicionais de madeira elaborados artesanalmente por Fernando Vigo García. A mostra poderá visitarse ata o 20 de Nadal e permitirá achegarse ao traballo e á habilidade que hai detrás da creación destes instrumentos, así como coñecer de preto os sons, os materiais e os saberes que forman parte do patrimonio cultural.

A exposición abrirá os martes, mércores, xoves e venres, en horario de 18.00 a 19.30 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos poderá visitarse de 11.30 a 13.00 horas.

A mostra terá lugar no Museo Etnográfico Monte Caxado e contará con entrada de balde. A iniciativa está organizada pola Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado e conta coa colaboración do Concello das Pontes.

A entidade organizadora anima a veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse para descubrir unha pequena mostra do enxeño, da habilidade artesanal e da riqueza das tradicións.

0.15124106407166