O Museo Etnográfico Monte Caxado acollerá este venres a presentación de ‘Rotspanier’

O Museo Etnográfico Monte Caxado, nas Pontes de García Rodríguez, acollerá este venres, 11 de setembro, a presentación de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1945, a obra de Juan Galán publicada por Editorial Galaxia.
O libro recupera a memoria dos republicanos galegos que, tras a Guerra Civil, se viron obrigados a continuar as súas vidas no exilio francés, nunha Europa marcada pola guerra e pola ocupación nazi.
O acto contará coa presenza do propio autor, nun encontro que permitirá coñecer de primeira man esta historia de exilio, memoria e resistencia e achegarse a unha parte da historia dos galegos e galegas no exilio.
A presentación terá lugar ás 19.30 horas no Museo Etnográfico Monte Caxado, situado na Praza da Igrexa, nas Pontes.
A actividade está organizada pola Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado e conta coa colaboración de Editorial Galaxia e do Concello das Pontes.