O Museo Etnográfico Monte Caxado inaugura hoxe a segunda exposición de Manuel Armada

TerraChaXa
A exposición reúne diferentes creacións realizadas a partir de ferraduras e outras pezas metálicas reutilizadas, convertidas en figuras artísticas de gran formato
exposicion-manuel-armada
20 May 2026

O Museo Etnográfico Monte Caxado inaugura hoxe a segunda exposición do artista Manuel Armada, unha mostra centrada en esculturas elaboradas con ferro reciclado que poderá visitarse ata o vindeiro 30 de xuño.

A exposición reúne diferentes creacións realizadas a partir de ferraduras e outras pezas metálicas reutilizadas, convertidas en figuras artísticas de gran formato e marcado carácter artesanal. Entre as obras destaca unha escultura ecuestre realizada integramente con materiais reciclados.

A mostra abrirá as súas portas este 20 de maio nas instalacións do museo situado en As Pontes e contará con entrada gratuíta. O horario de visitas será de martes a venres entre as 18.00 e as 19.30 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos poderá visitarse de 11.30 a 13.00 horas.

A iniciativa está organizada polo Museo Etnográfico Monte Caxado, que este ano celebra o seu 40 aniversario, coa colaboración do Concello das Pontes.

0.1260199546814