O Museo Pepe de Pígara celebra unha xornada de portas abertas para lembrar os oficios perdidos

TerraChaXa
A iniciativa desenvolverase nas instalacións do museo e incluirá demostracións prácticas con aparellos conservados no propio espazo expositivo, visitas guiadas e unha conferencia especializada
pepe-de-pigara-museo2
22 May 2026

A Asociación de Amigos do Museo de Pepe Pígara organiza este sábado, 23 de maio, unha xornada de portas abertas baixo o lema Recordando profesións perdidas, cun programa de actividades orientado á divulgación dos oficios tradicionais e á posta en valor do patrimonio etnográfico.

A iniciativa desenvolverase nas instalacións do museo e incluirá demostracións prácticas con aparellos conservados no propio espazo expositivo, visitas guiadas e unha conferencia especializada.

A programación comezará ás 11.00 horas cunha demostración de oficios perdidos utilizando maquinaria e ferramentas do museo. Ás 12.00 horas celebrarase a conferencia Fundición de metais en Lugo, impartida por Carlos, de Fundiciones Acin.

Xa ás 13.00 horas terá lugar unha visita guiada polo museo a cargo de Pepe, actividade que volverá repetirse pola tarde ás 18.00 horas.

A sesión da tarde arrancará ás 17.00 horas cunha nova demostración de oficios tradicionais empregando os aparellos do museo.

Durante toda a xornada poderá visitarse tamén unha exposición de tractores antigos, que completará a oferta divulgativa e expositiva do evento.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Guitiriz e da Deputación de Lugo.

As persoas interesadas poden obter máis información ou realizar consultas a través do teléfono 606 83 63 62 ou do correo electrónico pepegrandio@hotmail.com

.

0.10593199729919