O obradoiro de emprego constrúe beirarrúas en Friol
O obradoiro Cumes da Terra Chá arranca a súa cuarta e última fase, que rematará en setembro de 2021. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, concedeu en esta última fase, unha subvención que ascendeu a 346.946 euros, á agrupación dos concellos de Friol, Begonte e Rábade. Os concellos deben completar o orzamento con aportacións, por exemplo, para a compra do material necesario para as actuacións que se vaian acometer.
No caso do Concello de Friol, a aportación que ten previsto facer para esta cuarta fase do obradoiro de emprego, é de máis de 100.000 euros en material, para levar a cabo a finalización das beirarrúas do tramo urbano da estrada LU-231, que une Friol con Palas de Rei.
Este taller ofrece formación e emprego a 20 persoas, 8 delas no Concello de Friol, que contan con un contrato durante a participación en esta iniciativa e ao rematar poderán acreditar as ensinanzas recibidas con un certificado de profesionalidade.
O Concello de Friol fixo unha inversión total, para as catro fases do obradoiro, de máis de medio millón de euros. Resultando o gasto de persoal, subvencionado pola Xunta de Galicia, un total de case 260.000 euros, para o municipio friolés. Pola súa parte, o Concello, realizou un gasto en material de case 285.000 euros.
O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, resalta que “este tipo de obradoiros son de gran importancia para os participantes no mesmo, xa que supón unha formación práctica que poden utilizar no futuro laboral todos os participantes, ao mesmo tempo que teñen un contrato de traballo durante os meses que dura o obradoiro de emprego, e se lles facilita a reincorporación ao mundo laboral. Ademais de realizar traballos necesarios e demandados polos veciños da zona onde se está actuando”.