O Observatorio Mariña Pola Igualdade prepara varias actividades co gallo do 8M

TerraChaXa
O Observatorio Mariña Pola Igualdade acolle o sábado 7 de maio unha conferencia sobre Matriarcados: a construción dunha identidade.
Observatorio Mariña Pola Igualdade  8M 2024
1 Mar 2024

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e como cada ano, o Observatorio da Mariña pola igualdade convoca a todo o feminismo da Mariña Lucense para combater contra as políticas que tratan de silenciarnos. Somos feministas, somos loitadoras e somos poderosas.

"Queremos expresar a nosa posición desvinculante de todas as actividades lúdico-festivas que en torno ao 8M se organizan en diferentes concellos da Mariña: viaxes, xantares populares, concertos, etc... Este Observatorio da Mariña pola Igualdade non vai permitir que se blanqueen as palabras Feminismo, Igualdade e Sororidade nunha data imprescindible para as nosas reivindicacións", din.

Este ano 2024 queren visibilizar aos sectores máis vulnerables onde traballamos maioritariamente as mulleres, "como son os servizos de limpeza e o sector téxtil e poñer en valor a loita que levaron a cabo as compañeiras da limpeza de Lugo nos últimos meses, que resistiron cunha longa folga ata que acadaron mellorar as súas condicións laborais, demostrando o necesario que é a unidade feminista cara a un mesmo fin: varrer o patriarcado", engaden desde o Observatorio.

Por todo isto, o Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza e convoca unha manifestación o vindeiro venres 8 de marzo ás 20.00 horas.

Tamén, o sábado 2 de marzo no IES Dionisio Gamallo en Ribadeo organizarán un obradoiro de Batuke e material, de 15.00 a 18.30. O venres 8 de marzo na praza de abastos de Burela, farán un convivio e apertura do quiosco 8M, a partir das 14.00, e outro de obradoiro de cartaces, de 16.00 a 18.00.

0.1629638671875