O pádel volverá ser protagonista en Begonte coa celebración da súa sexta edición do torneo de verán

TerraChaXa
O Concello abre as inscricións para unha competición que se disputará do 28 ao 30 de agosto e que contará cun máximo de 32 parellas
torneo-de-padel-begonte
7 Aug 2026

O Concello de Begonte xa ten en marcha os preparativos da sexta edición do Torneo de Pádel de verán, unha cita que ano tras ano gaña participación e que regresará ás pistas municipais os días 28, 29 e 30 de agosto.

A competición manterá o formato de categoría libre, polo que poderán participar parellas masculinas, femininas e mixtas. As inscricións permanecerán abertas ata o 21 de agosto e deberán formalizarse de forma presencial nas dependencias municipais, cubrindo a correspondente folla de inscrición e aboando a cota de 20 euros por parella.

A organización estableceu un límite máximo de 32 parellas, que serán admitidas por orde de inscrición. Ademais, todas as persoas participantes recibirán un 'welcome pack' de agasallo e contarán cun seguro de accidentes incluído.

O torneo premiará aos dous primeiros clasificados do cadro de honra e tamén aos dous mellores do cadro de consolación, coa entrega de premios en material deportivo.

Desde o Concello destacan que esta cita deportiva xa está plenamente consolidada dentro da programación estival de Begonte, converténdose nun punto de encontro para afeccionados ao pádel tanto do municipio como doutras localidades da contorna.

As persoas interesadas en obter máis información poden contactar co número de teléfono 619 455 026 ou consultar as bases e a documentación de inscrición publicadas na páxina web municipal.

0.13519096374512