O padre Patiño fixo unha misa nunha estrada da Xunta para pedir o seu arranxo
O cura Luis Rodríguez Patiño da parroquia de Momán, pertencente ao concello de Xermade celebrou unha misa para pedir á Xunta a reparación da estrada autonómica LU 170, o antigo camiño que unía Viveiro, Cabreiros, Momán e Betanzos con Santiago, Portugal e A Mariña.
O párroco indicou no acto relixioso que a súa función é "invocar a Deus, a ver se ten un arquitecto que o mande ou quen o prepare, o mesmo que pediu para a provincial LU-P-2204".
Neta misa tamén se agradeceu "a Deus por escoitar as súas peticións para arranxar a estrada da Deputación e pedirlle que nos axude a arranxar o deterioro que sofre a estrada comarcal LU 170", que para o cura "é un desastre". O padre Patiño relatou os problemas xurdidos con varios traballadores da vila. "O exemplo son os camioneiros que recollen leite, xa que deben percorrer moitos quilómetros por unha estrada destruída", dixo.
Ademais, segundo o padre Patiño, busca que "Deus inflúa na cabeza de alguén". É unha crítica ao propietario da vía, a Xunta. O cura subliñou que "non cumpren as súas promesas de non abandonar as comunicacións na Galicia Rural". Isto contrastouse co tramo dependente da Deputación de Lugo. Felicitou á administración provincial por cumprir coa súa obrigación cos populares Ademais, mantivo a comparativa cunha pregunta: "que pasa que a Xunta non paga os mesmos impostos".
"A celebración no cruce das dúas estradas das dúas administracións, ten que servir para axudar nunha situación na que moitos condutores arriscan a súa vida", indicou o padre Patiño. Sinalou que "son o seu medio para loitar pola solución, xa que como sacerdote pido á sociedade que respecte a vida humana. Así mesmo para que os que exercen o ben público o fagan dunha vez por todas, xa que o camiño parece un rastro de vacas".
Non é a primeira chamada que o padre Patiño fai aos seus fieis para pedir a axuda de Deus respecto dos camiños que enlazan coa vila de Momán. Entre as súas suxestións está expropiar a estrada.