O PAI de Muras abre o prazo de inscrición para o novo curso

TerraChaXa
Este remata o 15 de xullo e ten que facerse no rexistro do Concello nas Oficinas Xerais ou tamén no rexistro electrónico do Concello
pai-mras
11 Jul 2026

Esta semana abriu o prazo para a presentación de solicitudes de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2026-2027.

O PAI de Muras conta cun número de prazas reducido cunha metodoloxía de calidade por proxectos.

O prazo de presentación remata o 15 de xullo e ten que facerse no rexistro do Concello nas Oficinas Xerais en horario de 9.00 a 14.00 horas ou tamén no rexistro electrónico do Concello.

As persoas que desexen información sobre o centro poden pedila no teléfono 615 162 432 (María).

0.14027905464172