O Parga Rock prepárase para iniciar este venres unha edición que contará con grupos como Girlschool e Alcatrazz

GaliciaXa | TerraChaXa
A cita contará con dous escenarios, Pikarona e Kraken, o primeiro para os do pobo e o segundo o grande, e incluirá tamén actividades deportivas e de lecer
presentacion-parga-rock-guitiriz
1 Sep 2026

O Parga Rock encara os últimos preparativos para a súa novena edición, que terá lugar este venres e sábado na Carballeira de Parga, en Guitiriz. O festival volverá reunir durante dúas xornadas bandas internacionais, formacións galegas e propostas vinculadas ao hard rock, o heavy metal e o punk, mantendo a súa aposta pola entrada gratuíta e por converter Parga nun punto de encontro para as persoas amantes da música rock.

A cita contará con dous escenarios, Pikarona e Kraken, o primeiro para os do pobo e o segundo o grande, e incluirá tamén actividades deportivas e de lecer, como o IV Aberto de Billarda, ademais dunha zona de acampada habilitada durante as dúas noites do festival.

A programación comezará o venres no palco Pikarona. Ás 22.00 horas actuará Mr. Kamandula, de Cerceda, mentres que ás 00.15 horas será a quenda de The Twinpims, de Vigo.

A xornada principal será a do sábado 5 de setembro, que arrancará ás 14.00 horas coa actuación de Satxa, de Morrazo, no palco Kraken en sesión vermú. Ás 17.00 horas celebrarase o IV Aberto de Billarda, mentres que ás 17.45 horas terá lugar Parga Rock Enxendriños, diante do escenario.

A programación musical continuará ás 20.00 horas coa actuación de Scarecrow, da Coruña, no palco Kraken. Ás 21.30 horas será a quenda de The Eskarallas, de Santiago de Compostela, e ás 23.15 horas chegará unha das actuacións internacionais da noite, Girlschool, procedente de Londres.

Xa de madrugada, ás 00.45 horas, actuará Alcatrazz, de Los Ángeles, Estados Unidos, mentres que ás 02.15 horas pechará esta parte da programación Pensando en Ti, de Valladolid.

Ademais destas actuacións, o festival contará durante os descansos cos Dj Jordi Pánico e Coutinho, no palco Pikarona. A organización tamén anunciou que a entrega de premios do IV Aberto de Billarda terá lugar no palco Kraken ás 21.15 horas.

O Parga Rock volverá así combinar música en directo con actividades vinculadas á cultura e ao deporte, nunha proposta que terá como escenario a localidade de Parga durante dúas xornadas e que contará con entrada de balde e zona de acampada habilitada para as persoas asistentes.

0.14333605766296