O Parlamento aproba instar á Xunta a mellorar o trazado do tramo autonómico da estrada Palas de Rei - Friol - Begonte

TerraChaXa
O Parlamento de Galicia aprobou este martes, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a mellorar o trazado da rede autonómica de estradas no eixo Palas de Rei-Friol-Begonte.
3 Out 2017

A deputada popular Julia Rodríguez Barreira salientou a importancia deste viario que “une concellos do interior de Galicia, nos que a actividade económica principal está vencellada ao sector primario, pero que pouco a pouco os sectores secundario e terciario tamén están ganando protagonismo”.

Así mesmo, Julia Rodríguez lembrou que a mellora das estradas entre Palas de Rei, Friol e Begonte “é unha vella reivindicación dos veciños para conseguir dotar a estes concellos lucenses de maiores oportunidades”.

Esta estrada inclúe un tramo de titularidade autonómica entre Palas de Rei e Friol e un treito de titularidade provincial desde Friol a Begonte, polo que a deputada popular tamén solicitou que a Deputación Provincial de Lugo “se involucre e colabore na mellora deste viario que discorre polo oeste da provincia”.

0.140300989151