O parque de Sotavento celebra o Día do Mundial do Vento a piques de facer 23 anos

TerraChaXa
Coñecido polo seu labor investigador, formativo e educativo, plasmado na realización de proxectos demostrativos, formación técnica e educación enerxética
parque-de-sotavento-xermade
Vista aérea do parque de Sotavento
11 Xuño 2024

Sotavento, o parque eólico experimental de Xermade, coñecido polo seu labor investigador, formativo e educativo, plasmado na realización de proxectos demostrativos, formación técnica e educación enerxética celebra hoxe o día mundial do vento, a piques de cumprir 23 años en funcionamento. Acumula numerosos premios nacionais e internacionais e unha grande experiencia en experimentación, formación e educación enerxética.

Un dos aspectos máis descoñecidos é, probablemente, o seu labor no campo da formación técnica tanto a nivel universitario como de formación profesional. Por outra banda, a formación e capacitación de técnicos en activo constitúe outra das actividades importantes que desenvolve esta instalación xermandina.

Un exemplo disto é a realización de cursos de piloto de drons, especificamente dirixidos e á inspección de aeroxeradores. Os futuros pilotos exercitan as súas habilidades empregando as distintas tecnoloxías de aeroxeradores do parque para levar a cabo a súa inspección aérea.

Esta diversidade tecnolóxica de Sotavento, posibilita tamén realizar simulacros e plans de rescate adaptados a distintos tipos de aeroxerador dentro do mesmo emprazamento.
Este tipo de simulacros son fundamentais para elaborar plans de salvamento e evacuación adaptados a cada turbina, contribuíndo de forma significativa á seguridade das máis de 30.000 persoas que traballan na enerxía eólica no noso país.

Sotavento constitúe, por tanto, unha ferramenta ideal tanto para o sector como para os distintos servizos de rescate, protección civil, empresas de prevención, persoal de urxencias, etc. Imprescindible para conseguir maior seguridade no sector eólico.
Dentro deste obxectivo, esta mesma semana realizábase nun dos aeroxeradores un simulacro de rescate dun accidentado dende o interior da pa e do buxe.

Por outra banda a educación enerxética é outro dos obxectivos fundamentais de Sotavento. Unha capacitación imprescindible, non só pola importancia que ten a enerxía na nosa visa diaria senón tamén pola relevancia que a súa produción, distribución e consumo ten para o noso planeta tanto dende o punto de vista económico como ambiental e xeopolítico.

De feito, Sotavento superou a barreira dos 300.000 visitantes, o que avala o seu éxito no campo da formación e divulgación sobre as enerxías renovables, o aforro enerxético e a eficiencia enerxética. Tanto os centros educativos galegos como os doutras comunidades autónomas, vén no parque eólico experimental, un enclave ideal para a formación do alumnado neste eido. É tal o interese que contan cunha lista de espera de preto de 1.000

alumnos e alumnas para visitar as instalacións no próximo curso 2024/2025.
Por último, o labor de investigación, demostración e experimentación completa a actividade desta instalación sempre pioneira en eidos tan dispares como a demostración do uso do vehículo eléctrico, do hidróxeno como sistema de acumulación enerxético ou da bioclimática no seu día, ou o uso sistemas híbridos eólico-solar ou a repotenciación eólica na actualidade.

0.18203592300415