O Parque Eólico Sotavento abrirá o día 7 o prazo de reserva de actividades

TerraChaXa
Poderase realizar as actividades nas instalacións do parque eólico, cun custo de 3 euros por persoa ou desprazar os obradoiros ao propio centro educativo
inicio-curso-sotavento
24 Aug 2026

O Parque Eólico Experimental Sotavento xa ten a vista posta no arranque do vindeiro ano académico. A entidade anunciou que o vindeiro luns, 7 de setembro, abrirase oficialmente o prazo de reserva de datas para participar nas súas actividades pedagóxicas e divulgativas correspondentes ao curso 2026/2027.

Co obxectivo de facilitar a planificación previa e garantir a dispoñibilidade de datas para os grupos interesados, Sotavento pon a disposición dúas modalidades de participación principais. Por unha banda, os centros e visitantes poderán optar por realizar as actividades directamente nas instalacións do parque eólico, cun custo de 3 euros por persoa. Por outra banda, encóntrase dispoñible a opción de desprazar os obradoiros e actividades ao propio centro educativo, modalidade para a que se recomenda consultar as tarifas correspondentes.

Dende a organización lembran a importancia de xestionar as reservas con antelación antes de que se esgoten as datas dispoñibles para o novo curso. As persoas ou centros interesados en obter máis información ou formalizar a súa solicitude poderán facelo a través do teléfono de xestión 981 563 777, nun horario de atención ao público de 9.00 a 11.00 e de 12.00 a 14.00 horas.

0.12126302719116