O partido entre o Racing Vilalbés e o CD Boiro cambia de data e pasa a celebrarse o domingo 27 de agosto

TerraChaXa
Por motivos alleos ao Racing Club Villalbés, a data de celebración do partido correspondente á segunda xornada do campionato de Terceira División 17/18 será cambiada para o domingo 27 de agosto ás seis e media da tarde no estadio municipal da Madalena.
23 Ago 2017

Por motivos alleos ao Racing Club Villalbés, a data de celebración do partido correspondente á segunda xornada do campionato de Terceira División 17/18 será cambiada para o domingo 27 de agosto ás seis e media da tarde no estadio municipal da Madalena.

O partido, como vén sendo tradicional os últimos anos, e con motivo das Festas Patronais de Vilalba, celebrábase en sábado. "A ese acordo chegaramos co presidente do C.D. Boiro, D. David Places, co cal nos puxemos en contacto telefonicamente o mesmo día do sorteo para, posteriormente, na reunión celebrada en Santiago o pasado día 14 de agosto, apalabrar en persoa a aceptación do cambio. E así o fixemos".

Pero, "este martes 22 de agosto, ao comunicar horario á FGF, despois de confirmar telefonicamente o mesmo de novo coas oficinas do C.D. Boiro, a nosa sorpresa é que vía sms xa que foi imposible contactar co Sr. Places, comunícame que debido á participación de tres xogadores nunha voda o sábado, éralles imposible xogar o partido ese día", segundo manifesta Francisco Ruiz, presidente do Racing Club Villalbés.

"Evidentemente o C.D. Boiro, e o Sr. Places tamén, están no seu perfecto dereito de aceptar ou non o cambio do partido e moito máis supoñendo que a desculpa ofrecida fose verdade. A molestia do Villalbés vén dada, en primeiro lugar, polo incumprimento (recoñecido no propio sms) da palabra dada polo presidente do C.D. Boiro, Sr. Places, e en segundo, pola tardanza na comunicación co prexuízo que ocasiona aos nosos socios e ao propio club".

Por iso, "queremos con esta nota, principalmente, mostrar o noso agradecemento ao Excmo. Concello de Vilalba pola total dispoñibilidade para a realización do cambio, así como pedir desculpas aos nosos socios, colaboradores e afeccionados polas molestias que este cambio lles poida causar".

Con todo, aproveitamos para convidar a asistir ao encontro que se celebrará o domingo 27 ás seis e media da tarde no estadio municipal da Madalena.

0.17989206314087