O patio exterior do CEIP O Salvador será renovado para mellorar a seguridade do alumnado

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza actuará sobre o pavimento deteriorado das instalacións co obxectivo de garantir unhas condicións máis seguras para os escolares
patio-CEIP-O-Salvador-Pastoriza
Actualizada el 11 agosto 2026, 13:26 horas
7 Aug 2026

O Concello da Pastoriza levará a cabo obras de mellora no patio exterior do CEIP O Salvador para renovar o pavimento deteriorado existente nas instalacións. A actuación ten como principal obxectivo incrementar a seguridade do alumnado e evitar os riscos derivados do desgaste que presenta actualmente esta superficie.

Os traballos permitirán acondicionar unha zona moi utilizada polos nenos e nenas durante os recreos e as actividades ao aire libre, mellorando as condicións de uso e contribuíndo a ofrecer un espazo máis cómodo e seguro para a comunidade educativa.

Desde o Concello destacan que esta intervención responde á necesidade de manter en bo estado as infraestruturas educativas do municipio e garantir que os escolares poidan desenvolver a súa actividade diaria nun entorno adecuado.

0.15422606468201