O pavillón Jonathan Carro Paz acollerá o III Trofeo Concello de Guitiriz de tiro con arco este sábado

TerraChaXa
A cita deportiva celebrarase o sábado 25 de abril e reunirá arqueiros e arqueiras nunha xornada organizada polo Club de Tiro con Arco Guitiriz coa colaboración do Concello
Trofeo-Concello-de-Guitiriz-de-Tiro-con-Arco
22 Apr 2026

O pavillón municipal Jonathan Carro Paz será escenario este sábado, 25 de abril, da celebración do III Trofeo Concello de Guitiriz de tiro con arco. Trátase dunha competición deportiva que busca impulsar e dar visibilidade a esta disciplina no municipio.

O evento está organizado polo Club de Tiro con Arco Guitiriz e conta coa colaboración do Concello, reunindo a deportistas da modalidade nunha xornada de convivencia e competición.

A actividade dará comezo ás 17:00 horas coa recepción das persoas participantes. Posteriormente, realizaranse catro quendas de adestramento antes do inicio da competición oficial.

0.09655499458313