O Pavillón Municipal de Guitiriz acolle o ‘II Trofeo Concello de Guitiriz’ de tiro con arco o 23 de novembro
O próximo sábado 23 de novembro, o Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz de Guitiriz será o escenario do ‘II Trofeo Concello de Guitiriz’ de tiro con arco, organizado polo Concello en colaboración co Club de Tiro con Arco de Guitiriz. O evento comezará ás 16:45 horas coa recepción dos participantes e as tiradas de práctica, dando paso á competición oficial ás 17:15 horas.
Este torneo contará con varias categorías, incluíndo esquio, benxamín, alevín, infantil, novel e sénior, permitindo a participación de arqueiros de distintas idades e niveis. As inscricións teñen un prezo de 5 euros e estarán abertas ata o martes 19 de novembro. Os interesados en participar poden inscribirse a través da Asociación Deportiva Tiro con Arco Adarve, chamando ao teléfono 657 452 593 ou enviando un correo a arcoadarve@hotmail.com.