O peche de Endesa libera máis de 2.100 litros de auga para novos usos

TerraChaXa
O director de Augas de Galicia reuniuse co alcalde da localidade
auga-endesa-xunta
23 Jul 2025

O director de Augas de Galicia, Roi Fernández, informou hoxe ao alcalde das Pontes, Valentín González, de que nuns meses estarán dispoñibles máis de 2.100 l/s de auga para novos usos na localidade, unha vez finalice o trámite da modificación concesional iniciada pola administración hidráulica.

Segundo lle trasladou ao rexedor, logo do desmantelamento da central térmica de Endesa, estase modificando a concesión de auga que tiña outorgada xa que o consumo da planta de ciclo combinado é duns 390 l/s en vez dos 2.560 l/s anteriores. Isto permitirá que Augas de Galicia poida outorgar eses 2.100 l/s a novos usos.

Nesa liña, Roi Fernández lembrou que, segundo indica o Plan Hidrolóxico de Galicia, eses usos se concederán en trámite de competencia e se primarán os usos de abastecemento antes que os industriais, así como aqueles de maior eficiencia.

De feito, Augas de Galicia ponderará criterios ambientais, sociais e económicos á hora de outorgar novas concesións tendo en conta tamén que o municipio das Pontes se localiza nunha das chamadas zonas de transición xusta.

⚙ Configurar cookies
0.20265889167786