O persoal de Galp en Guitiriz volve mobilizarse contra a empresa

TerraChaXa
O persoal de Galp en Guitiriz volve mobilizarse contra as sancións inxustas, as represións e os despedimentos
persoal galp guitiriz a6 manifestacion
27 Maio 2023

Os traballadores e as traballadoras da área de servizo de Galp na A-6 en Guitiriz volvéronse concentrar este venres para rexeitar a política de acoso e represalias aplicada pola empresa e reclamar a readmisión do compañeiro inxustamente despedido.

O secretario comarcal da FGMAT-CIG, Christian López, alerta que o persoal deste centro de traballo "está sendo o branco de distintas represalias, así como de vulneracións en materia de dereito á confidencialidade e á intimidade". Explica que tras a súa chegada ao servizo, Galpgest implantou nas áreas de servizo da A-6 en Guitiriz un sistema de videovixilancia "nun exceso de celo da videovixilancia".

Pero a empresa tamén incumpre cos dereitos laborais do seu persoal e pretende precarizar as condicións de traballo. A isto súmase que a comezos deste mes, notificou neste centro de traballo varias sancións inxustificadas e completamente discriminatorias, unha das cales rematou no despedimento disciplinario dun traballo.

Este tipo de actuacións, subliña López, estase a converter unha tendencia xeneralizada nesta empresa "para precarizar o persoal do sector, mentres non escoita as demandas dos traballadores e traballadoras para que se lles garanta a seguridade nas instalacións durante as noites ou mesmo ter acceso a auga potábel".

0.18775105476379