O Pleno de Guitiriz aprobou o plan municipal de prevención de incendios

TerraChaXa
O Pleno de Guitiriz aprobou o plan municipal de prevención de incendios por unanimidade, e o plan económico 2020-2021 validouse coa abstención do BNG e PP.
31 Xul 2020

O Pleno de Guitiriz aprobou o plan municipal de prevención de incendios por unanimidade, e o plan económico 2020-2021 validouse coa abstención do BNG e PP.

Os populares guitiricenses criticaron o alto gasto en persoal, sobre todo pola incorporación dos antigos GES trala demanda, ao que o Goberno local respondeu "que había que acatar a sentenza".

O grupo socialista rexeitou dúas mocións do PP, a da solicitude de crear un centro de día no colexio de Parga e de reparar unha rúa na mesma parroquia, e tamén descartou a defendida polo BNG sobre o mal estado do río Veiga.

0.11948490142822