Guitiriz reclamará á Xunta a subida do canon de Sogama e medidas urxentes pola EHE

TerraChaXa
O Pleno aprobou tamén a modificación de varias ordenanzas e prezos públicos
pleno-guitiriz
27 sep 2024

O Pleno do Concello de Guitiriz aprobou a modificación de varias ordenanzas e prezos públicos así como unha reclamación á Xunta polos prezos de Sogama.

Así unha das primeiras medidas aprobadas foi a modificación do Regulamento Orgánico Municipal., cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e en contra do BNG.

Ademais, coa oposición dos populares e a abstención do BNG aprobouse tamén a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa de entrada de vehículos (vados) e o acordo regulador do prezo público polo servizo de catering da escola infantil.

No Pleno presentaron tanto PSOE como BNG cadansúa moción en relación á suba do canon que os concellos abonan a Sogama pola xestión dos seus residuos. Nos dous casos votou en contra do PP pero foi aprobado por maioría.

O BNG presentou outra moción na que pedía reclamar á Xunta de Galicia e ao Goberno Central medidas urxentes ante a incidencia da enfermidade hemorráxica epizoótica. Neste punto tamén foi unánime o voto da esquerda e a negativa do PP.

Tratouse por urxencia a proposta do PSOE sobre o expediente do contrato mixto Servizos enerxéticos do alumeado exterior e os edificios municipais do Concello de Guitiriz. Foia aprobado cos votos a favor do PSOE e PP e en contra do BNG.

0.15086507797241