O pleno de Outeiro de Rei aprobou o regulamento das piscinas e o orzamento do Concello

LugoXa | TerraChaXa
Dende o equipo de goberno afirman que seguirán cun proxecto político constante
pleno-agosto-Outeiro-de-Rei
8 Ago 2024

O Concello de Outeiro de Rei celebrou un pleno de carácter extraordinario con motivo de discutir os expedientes 859/2024 e 856/2024.

O primeiro expediente responde á aprobación do regulamento oficial das piscinas municipais de Outeiro de Rei, que foron inauguradas o pasado venres 2 de agosto. A normativa á que están suxeitas as piscinas recolle puntos diversos, como as tarifas, explotación do bar, ou convenios con distintas empresas de aloxamento do concello para que os hóspedes poidan usar as piscinas con descontos. O regulamento foi aprobado con normalidade con 10 votos a favor e 2 en contra.

O segundo expediente correspondese coa aprobación do orzamento xeral do Concello, que recolle distintas cuestións, como o presuposto, masa salarial, aprobación de persoal, etc. O presuposto do Concello de Outeiro de Rei sitúase este ano arredor dos 9.300.000 euros, co cal continúa a crecer respecto ao ano anterior, ao igual que a poboación.

Dende o equipo de goberno afirman que seguirán cun proxecto político constante, que é o que leva a Outeiro de Rei a ser un dos concellos con máis desenvolvemento de toda Galicia.

Seguirase apostando pola inversión en novas infraestruturas públicas que melloren a calidade de vida dos cidadáns e tamén supoñan crecemento económico, así como novos postos de traballo. O orzamento aprobouse con 9 votos a favor e 3 en contra.

0.13497114181519