O Pleno de Outeiro de Rei rexeita dúas mocións da oposición, únicos puntos do día

LugoXa | TerraChaXa
O PSOE propoñía medidas de estudo da presenza do gas radón e o BNG que os orzamentos do próximo ano se presentarna antes do 31 de decembro
pleno-outeiro-de-rei
27 sep 2024

A casa consistorial de Outeiro de Rei acolleu un novo pleno ordinario cunha orde do día na que se trataron dúas mocións ademais da aprobación das actas da sesións anteriores.

Unha delas era do PSOE relativa ao gas radon. O grupo socialista propuxo unha iniciativa para financiar obras e medicións relacionadas coa xestión do gas radon, que é un elemento presente en moitas partes do solo de Galicia coñecido polos seus efectos radioactivos, con secuelas a longo prazo. O equipo de goberno argumentou que ese tipo de iniciativas, de problemática xeral, deben ser financiadas pola deputación de Lugo, gobernada polo PSOE e o BNG. "Non é entón unha competencia municipal". A moción rexeitouse con 3 votos a favor e 9 en contra.

Tampouco foi aprobada a moción do BNG relativa á aprobación dos orzamentos do ano 2025. Os concelleiros propoñían medidas para asegurar a presentación dos orzamentos municipais antes do día 31/12/2024. O equipo de goberno respondeu que a aprobación dos orzamentos vai ligada a outras xestións administrativas que dependen directamente do goberno central, polo tanto a proposta do BNG foi rexeitada xa que só contou con 3 votos a favor e 9 en contra.

0.15964293479919