O PM Friol organiza un campus de fútbol para rapaces e rapazas de 6 a 17 anos na Reigosa

LugoXa | TerraChaXa
A programación culminará o venres 26 de xuño cunha gran festa final que contará con xogos na piscina, pizzas, sorteos e diversas actividades de despedida para os asistentes
campius-futbol-pm-friol
23 May 2026

O PM Friol celebrará do 22 ao 26 de xuño unha nova edición do seu Campus de Fútbol nas instalacións municipais da Reigosa, unha actividade dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos que combinará formación deportiva, lecer e convivencia.

O campus desenvolverase en horario de 9:30 a 14:00 horas e incluirá adestramentos técnicos, xogos lúdicos e cooperativos, competicións en grupos reducidos e diferentes actividades relacionadas co deporte e a natureza. Ademais do fútbol, os participantes tamén poderán desfrutar da piscina e doutras sorpresas preparadas pola organización.

A programación culminará o venres 26 de xuño cunha gran festa final que contará con xogos na piscina, pizzas, sorteos e diversas actividades de despedida para os asistentes.

A organización destaca que a inscrición inclúe un picnic de media mañá e unha camiseta para cada xogador e xogadora. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 19 de xuño.

En canto aos prezos, a inscrición xeral terá un custo de 80 euros, mentres que os irmáns abonarán 60 euros e os xogadores e xogadoras do PM Friol ou do CF Friol poderán participar por 50 euros.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a inscrición a través dos teléfonos 649 423 743 e 636 378 110.

0.1287260055542