O Poboado das Veigas acollerá un maratón de fútbol sala durante as festas de maio

TerraChaXa
O torneo masculino repartirá premios económicos e trofeos para os catro primeiros clasificados, cun premio de 1.000 euros para o equipo gañador
maraton-futbol-sala-as-veigas
23 May 2026

O Poboado das Veigas, nas Pontes, celebrará os días 29, 30 e 31 de maio un maratón de fútbol sala enmarcado dentro das Festas 2026, unha cita deportiva organizada pola Comisión de Festas coa colaboración de Lago Sport, o Concello das Pontes e a Deputación da Coruña.

A competición disputarase na pista do Poboado das Veigas e contará con categorías masculina, feminina e de veteranos para maiores de 38 anos. O torneo masculino repartirá premios económicos e trofeos para os catro primeiros clasificados, cun premio de 1.000 euros para o equipo gañador. Ademais, entregaranse galardóns ao mellor xogador e ao mellor porteiro.

Na categoría feminina tamén haberá premios e trofeos para os primeiros clasificados, así como recoñecementos individuais á mellor xogadora e á mellor porteira. A categoría de veteranos contará igualmente con premios para os equipos destacados e distincións aos mellores xogadores e porteiros do torneo.

A organización informou de que os encontros estarán arbitrados por colexiados federados. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 27 de maio, data na que tamén se celebrará o sorteo dos emparellamentos ás 20.30 horas no local LAR das Pontes.

Os equipos interesados deberán aboar unha cota de inscrición diferente segundo a categoría, á que se sumará o seguro obrigatorio por xogador. Ademais, habilitarase unha zona de acampada para os participantes e asistentes ao evento.

A organización espera reunir numerosos equipos e afeccionados nun torneo que regresa baixo o lema Volve o maratón que nos viu crecer.

0.13833999633789