O Polo de emprendemento de Friol organiza un encontro de networking para impulsar novas colaboracións

LugoXa | TerraChaXa
A xornada celebrarase o venres 6, de 10.30 a 13.30 horas, na sede do Polo e reunirá persoas emprendedoras e iniciativas da Rede
oficina-recursos-humanos
4 Nov 2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza o venres 6 de novembro unha xornada de networking dirixida a persoas emprendedoras e proxectos vinculados á Rede de Polos, co obxectivo de favorecer o intercambio de experiencias, dar a coñecer novas iniciativas e crear oportunidades de colaboración.

O encontro desenvolverase entre as 10.30 e as 13.30 horas na sede do Polo de Friol, situada na rúa Deputación, número 18, primeira planta. A actividade permitirá ás persoas participantes presentar os seus proxectos, compartir experiencias con outras iniciativas da rede e explorar posibles vías de cooperación.

Durante a xornada tamén se elaborará un Mapa de Sinerxías para identificar puntos en común e oportunidades de colaboración entre os proxectos participantes. A sesión rematará cun café networking, pensado para continuar establecendo contactos e xerando novas relacións profesionais.

A organización anima as persoas con proxectos emprendedores a participar nesta iniciativa, que busca reforzar as conexións entre iniciativas e impulsar novas oportunidades no ámbito empresarial.

0.17148089408875