O Polo de Friol acolle este martes unha xornada sobre o sector agroalimentario
LugoXa | TerraChaXa
As persoas participantes da xornada serán distribuídas en grupos e cada un deles desenvolverá un plan de acción
2 Dec 2024
O Polo de Emprego de Friol volve unirse a GDR4 Comarca de Lugo, Traloagro, Muuhlloa e Bisqato para dar continuación ao proxecto piloto previamente iniciado para potenciar o sector agroalimentario da comarca.
Así este martes, 3 de decembro, terá lugar unha xornada a partir das 16.00 horas ata as 20.00 na sede do ente, na rúa Deputación, número 18. No programa, despois das sesións de traballo e a posta en común terá lugar unha networking.
As persoas participantes da xornada serán distribuídas en grupos e cada unha delas desenvolverá un plan de acción, detallando actividades específicas, prazos e asignación de responsables para cada etapa do piloto.